imageimageimage

Fiandola. A súa historia

Fiandola créase na cidade de Compostela no ano 1996. Por aquel entón un grupo de músicos ligados á Universidade de Santiago de Compostela se reunen para traballar arredor da música tradicional. Desde ese momento o grupo sofre distintos cambios ata chegar á formación actual.

No seu ano de formación soben a recoller o premio de gañadores do certame Xuventude’96 organizado pola Consellería de Familia Muller e Xuventude xunto cos grupos Silvardeira e Belladona. Os compoñentes desta formación novel son Edelmiro Fernández, Fran López, Alberto Barreiro “Warren”, Manolo Maseda, Carolina Nogueira, Lola Fernández  e Cristina Nogueira. Froito deste premio inclúen dous temas no traballo discográfico compartido cos outros gañadores Xuventude’96.

Ao longo destes anos a formación cambiou quedando, na actualidade, tan só dous dos seus membros fundadores.

A formación actual de Fiandola traballa buscando novos camiños para o repertorio tradicional, un novo son propio e fresco. Na actualidade, seguimos a conservar Compostela e a súa comarca como centro de operacións e ensaios. A formación presente está formada por:

Despois de vinte anos de vida, Fiandola ten tocado xa nos máis importantes festivais de Galicia e mesmo xa visitamos lugares alleos como Cantabria ou Navarra e contamos con varios traballos discográficos como son Xuventude’96 ou Chill Out Celta, xunto a outras formacións; e os traballos en solitario Bricania (2005), Mimá (2011) e Volta e media (2014).

Imagen del grupo fiandola

Fiandola na rede

Fiandola en Facebook           Fiandola en Youtube   Fiandola en Vimeo           Fiandola en iTunes   Fiandola en spotify

Contratación

Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Teléfonos: 654 938 252 (Warren) / 639 413 918 (Santi)

Formulario de contacto